Donde: Bueu
O Concello de Bueu convoca o II Maratón Fotográfico San Martiño de Bueu para difundir e premiar a creatividade e técnica na arte da fotografía de persoas afeccionadas e profesionais.
TEMÁTICA
Forman parte da temática do Maratón todas as actividades relacionadas coa festa, así como as tradicións e costumes propias do San Martiño de Bueu. As fotografías presentadas terán que realizarse durante os tres días que comprende o maratón, para o que se programarán dous percorridos fotográficos organizados, un por cada categoría (adulta e infantil/xuvenil, consultar programación). Ademáis disto, as persoas participantes poden facer de xeito libre fotos representativas do San Martiño de toda a actividade en torno ás festas (pasarrúas, eventos relixiosos, comida, verbena, tradicións do outono coma o magosto, xogos tradicionais, etc).
PROGRAMACIÓN
O Maratón celebrarase do VENRES 11 AO DOMINGO 13 DE NOVEMBRO ambos inclusive, e os traballos entregaranse ata o LUNS 14 DE NOVEMBRO antes das 00:00h da noite preferiblemente por medios dixitais no formulario web dispoñible na ligazón www.redeargonavis.com/maraton2016, ou fisicamente na sede de Argo Navis en horario de 10:00h a 13:30h e de 16:30h a 20:30h (Montero Ríos nº 57 baixo, 36930 Bueu, Pontevedra).
11 NOVEMBRO
Fotografía libre todo o día e, de 17:00 a 19:00h, percorrido fotográfico categoría infantil/xuvenil. Punto de encontro (presentación da actividade) e finalización (recollida crianzas): Argo Navis.
12 NOVEMBRO
Fotografía libre todo o día e, de 10:00 a 13:00h, percorrido fotográfico categoría adulta. Punto de encontro: Argo Navis. A partir das 13:00h contaremos cun vermú/networking posterior no Noite Tapas con prezo especial de 1,5€.
13 NOVEMBRO
Fotografía libre todo o día.
14 NOVEMBRO
00:00h remata o prazo de inscrición online, existindo a posibilidade alternativa de recepción de candidaturas físicas en Argo Navis (consulta as bases).
18 NOVEMBRO
Entrega de premios ás fotografías gañadoras e inauguración da exposición ás 20:30h no segundo andar da Praza de Abastos e concerto posterior ás 21:00h a cargo do grupo EZETAERRE.
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS FINALISTAS E GAÑADORAS
Do 19 ao 26 de novembro, en horario de apertura da Praza de Abastos (rúa Montero Ríos, s/n 36930 Bueu).
PREMIOS E CATEGORÍAS
Categoría adulta (maiores 14 anos)
-Primeiro premio: 150€ + impresión da imaxe + lote entidades colaboradoras
-Segundo Premio: 75€ + impresión da imaxe + lote entidades colaboradoras
-Terceiro Premio: 50€ + impresión da imaxe + lote entidades colaboradoras
Categoría infantil/xuvenil (menores 14 anos)
Escolleranse as tres mellores fotografías, que recibirán como premio: impresión da imaxe + lote de entidades colaboradoras.
Selección de fotografías finalistas a maiores das xa premiadas, que pola súa calidade poidan formar parte da exposición organizada con motivo do II Maratón Fotográfico San Martiño de Bueu.
CONSULTA AS BASES:
No hay comentarios:
Publicar un comentario