Verín celebra o 19 e 20 de novembro a segunda edición da Feira de Outono, centrada nos productos de tempada e ecolóxicos, e que este ano contará coa novidade de catas de mel para o público asistente, sen límite de grupos. Ademais, setas, concurso de cociña con castañas, saídas micolóxicas e productos ecolóxicos estarán ó dispor de todos os visitantes á praza Maior.
O alcalde, Gerardo Seoane, o tenente alcalde, Diego Lourenzo, e a concelleira de Turismo e Comercio, Purificación Caldelas, presentaron hoxe o programa de actividades desta II Feira de Outono, que segundo o rexedor “ven de resultas do éxito da primeira, pero con importantes novidades. A xente quere productos naturais e de tempada, e no outono temos en Verín la crème de la crème”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario